Quantcast
Channel: Circular
Viewing all articles
Browse latest Browse all 167

A Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte participa na presentación do “Estudo colaborativo interprofesional: Hábitos saudables en menores con DM Tipo 1”

$
0
0

O 12 de xuño presentouse no Concello de Pontevedra o “Estudo colaborativo interprofesionais: Hábitos saudables en menores con DM Tipo 1”, unha nova e innovadora iniciativa de colaboración interprofesional en Galicia, na que participan un total de dez responsables e colaboradores/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, da Asociación Anedia, do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, e do Colexio Oficial de Educadores/as Físico Deportivos/as de Galicia

Nesta presentación estiveron presentes a Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Dª Luisa Sánchez; Xefatura Territorial de Pontevedra SERGAS, Dª Natalia Botana Rey, e representantes do COLEF, CODINUGAL, Asociación ANEDIA e a Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do COPG.

O estudo, que reúne a experiencia e coñecementos de múltiples disciplinas, ten como obxectivo axudar a mellorar os hábitos de vida dos menores con diabetes tipo 1, fomentando unha alimentación equilibrada, a práctica regular de exercicio físico e o apoio psicolóxico adecuado. Con esta iniciativa, espérase non só mellorar a saúde dos nenos, senón tamén concienciar á sociedade sobre a importancia dun enfoque integral na xestión desta enfermidade.

 

 

La entrada A Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte participa na presentación do “Estudo colaborativo interprofesional: Hábitos saudables en menores con DM Tipo 1” se publicó primero en Circular.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 167